Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44692

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 187/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CTC e RBT Chacín.

Situación: concello de Ribeira.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,018 km, con condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3 (1×240) Al, con orixe na LMTS PMR-808 Pobra II (expediente IN407A 2007/301) entre a subestación Palmeira e o CT rúa Gasset, 40, e final na mesma liña unha vez entre e saía do CT Chacín proxectado.

Centro de transformación (CT) prefabricado, cunha potencia de 160 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude total de 0,054 km, composta de dous circuítos, un de 17 m de lonxitude e outro de 37 m, con condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4×240 Al coa orixe no CT Chacín proxectado.

Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude total de 0,765 km, composto de dous circuítos, con condutores RZ sobre apoios de formigón, con orixe nos pasos aéreos subterráneos para realizar en apoios proxectados.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de outubro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña