Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44610

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 20 de novembro de 2012 pola que se convocan para a elección de destino provisional os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas, convocado pola Orde do 27 de xullo de 2011.

En virtude da Orde da Consellería de Facenda do 27 de xullo de 2011 (DOG núm. 144, do 28 de xullo) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas.

O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron na súa Resolución do 30 de xullo de 2012 (DOG núm. 167, do 3 de setembro).

Co obxecto de que os/as aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeados funcionarios do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas, e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Convocar os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas, ao acto de elección de destino provisional que terá lugar no salón de actos núm. 2 pequeno da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 30 de novembro de 2012 ás 12.00 horas.

Os/as aspirantes convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Aos aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino provisional as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos/ás aspirantes presentes ou representados, entre as que queden sen adxudicar.

Os aspirantes poderán solicitar ser declarados en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo -redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro)-. No primeiro suposto deberán presentarse ao chamamento cun certificado do responsable da súa unidade de persoal no que conste a condición coa que presta servizos na actualidade.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2012

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Núm.

Código do posto

Cons.

Denominación

Grupos adscritos

Nivel

Centro destino

Centro directivo

Concello

Titulación

1

MAA010000115770008

MA

Enxeñeiro técnico de funcións facultativas

B

22

S.X. de Xestión do Dominio Público Hidráulico

Augas de Galicia

Santiago de Compostela

Enx. técn.obras públ.

2

MAA010000215770007

MA

Enxeñeiro técnico de funcións facultativas

B

22

S.X. de Programación e Proxectos

Augas de Galicia

Santiago de Compostela

Enx. técn.obras públ.

3

MAA992000015770047

MA

Distrito A Coruña I

B

22

Demarcación Galicia-Centro (Santiago de Compostela)

Augas de Galicia (servizos periféricos)

Santiago de Compostela

Enx. técn.obras públ.

4

MAA992000015770049

MA

Distrito A Coruña II

B

22

Demarcación Galicia-Centro (Santiago de Compostela)

Augas de Galicia (servizos periféricos)

Santiago de Compostela

Enx. técn.obras públ.

5

MAA992000036560047

MA

Distrito Pontevedra Costa

B

22

Demarcación Galicia-Sur (Vigo)

Augas de Galicia (servizos periféricos)

Vigo

Enx. técn.obras públ.

6

MAX991000015001015

MA

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

B

22

Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

A Coruña

Enx. técn.obras públ.

7

MAX991000015001017

8

MAX991000027001017

MA

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

B

22

Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Lugo

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

Lugo

Enx. técn.obras públ.

9

MAX991000032001018

MA

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

B

22

Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Ourense

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

Ourense

Enx. técn.obras públ.

10

MAX991000032001019

11

MAX991000032001020

12

MAX991000036001011

MA

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

B

22

Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

Pontevedra

Enx. técn.obras públ.

13

MAX991000036001012