Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44607

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 20 de novembro de 2012 pola que se convocan para a elección de destino provisional os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión e sistemas de informática, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011.

En virtude da Orde da Consellería de Facenda do 21 de xullo de 2011 (DOG nº 142, do 26 de xullo) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión e sistemas de informática.

O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron en la Resolución do 3 de setembro de 2012 (DOG nº 174, do 12 de setembro).

Co obxecto de que os/as aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeados funcionarios do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión e sistemas de informática, e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Convocar os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión e sistemas de informática, ao acto de elección de destino provisional que terá lugar no salón de actos núm. 2 pequeno da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 30 de novembro de 2012 ás 13.00 horas.

Os aspirantes convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Aos aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino provisional as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos/ás aspirantes presentes ou representados, entre as que queden sen adxudicar.

Os aspirantes poderán solicitar ser declarados en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo –redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG nº 250, do 30 de decembro)–. No primeiro suposto deberán presentarse ao chamamento cun certificado do responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que presta servizos na actualidade.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados dende esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2012

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

Anexo

Núm.

Código do posto

Cons

Denominación

Grupo

Nivel

Centro destino

Centro directivo

Concello

1

CUC030000315770006

CU

Analista programador

B

22

S. X. da Biblioteca Nacional de Galicia

Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos

Santiago de Compostela

2

CUC030000315770009

CU

Analista programador

B

22

S. X. da Biblioteca Nacional de Galicia

Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos

Santiago de Compostela

3

INC020000015770135

IN

Analista programador/a

B

22

Secretaría Xeral

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

4

MAS020000015770055

MA

Analista programador/a

B

22

Secretaría Xeral do IGVS

IGVS/Secretaría Xeral do IGVS

Santiago de Compostela

5

PEC994020136600080

PE

Analista programador/a

B

22

Centro de Investigacións Mariñas Corón-Vilanova de Arousa

Servizos periféricos

Vilanova de Arousa

6

SAC020000315770017

SA

Analista programador/a

B

22

S. X. de Sistemas e Tecnoloxías da Información

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

7

TRA010000015770006

TR

Analista programador

B

22

Dirección do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

Santiago de Compostela

8

TRC020000615770046

TR

Analista-programador/a

B

22

S. X. de Tecnoloxías da Información

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela