Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44281

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Laxe

ANUNCIO de información pública sobre a primeira fase de ampliación do cemiterio parroquial de Santo Estevo de Soesto.

Este concello iniciou, por instancia de Jesús Mira Vigo, con enderezo no Centeal (Soesto), deste concello, o expediente administrativo para a 1ª fase de ampliación do cemiterio parroquial de Santo Estevo de Soesto, neste termo municipal, todo iso de acordo co proxecto técnico redactado polo arquitecto José Ángel Santos Ferro, colexiado número 1248. En cumprimento do disposto no punto 3, artigo 8, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, así como no Regulamento de policía mortuoria (Decreto 134/1998, do 23 de abril, da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais da Xunta de Galicia), e con base na Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que empezará a contarse desde o día seguinte ao da insercción do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Laxe, 17 de outubro de 2012

Antonio Carracedo Sacedón
Alcalde