Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44282

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Merca

ANUNCIO de información pública sobre legalización e ampliación de actividade de conformación de perfís na estrada de Celanova.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, de 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente polo que Perfiles Fidalgo, S.L., solicita licenza para legalización e ampliación de actividade de conformación de perfís na estrada de Celanova, 119 (A Merca), co fin de que todas as persoas que se consideren afectadas dalgún modo pola actividade, poidan examinar o proxecto presentado e realizar as observacións que consideren oportunas, presentándoas por escrito no Rexistro Xeral deste concello, no prazo de vinte días desde a inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Merca, 30 de outubro de 2012

Manuel Jorge Velo Reinoso
Alcalde