Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44280

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de información pública de rehabilitación dun edificio para novo mercado, centro de día e ludoteca.

Este concello promove a rehabilitación dun edificio de baixo, 2 plantas, para novo mercado, centro de día, ludoteca que estará nas rúas Padrón, Waldo Álvarez Insua e Praza Martínez Anido, e cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, a fin de que durante este prazo –que comezará a computarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente no Departamento Municipal de Urbanismo as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

A Estrada, 11 de outubro de 2012

José C. López Campos
Alcalde presidente