Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44214

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (600/2012).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 600/2012 por instancia de Ana María Suárez Pérez contra a empresa Textyleve Unipessoal, Lda. e o Fogasa, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 23.10.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo que se estima parcialmente a demanda interposta por Ana María Suárez Pérez fronte á empresa Textyleve Unipessoal, Lda. por caducar a acción de despedimento exercida e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Textyleve Unipessoal, Lda. á demandante.

– Condénase a empresa Textyleve Unipessoal, Lda. a que no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento da indemnización de 5.156,65 euros, máis, en ambos os casos, o aboamento dos salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente importan 10.024,63 euros, aos cales deberán engadirse os que se perciban ata a súa notificación a razón de 36,19 euros diarios.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Textyleve Unipessoal, Lda. expido e asino a presente.

A Coruña, 30 de outubro de 2012

O secretario xudicial