Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44216

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1056/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1056/2010, por instancia de Sandra Souto Aguiar contra a empresa Protelba SXXI, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza con data do 19.10.2012, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido:

Acéptase a demanda interposta por Sandra Souto Aguiar fronte a Protelba SXXI, S.L., con intervención do Fogasa e, en consecuencia:

– Condeno a empresa Protelba SXXI, S.L. a lle aboar á demandante a cantidade de tres mil cincocentos catro euros con trece céntimos de euro (3.504,13 euros), percibindo os conceptos salariais o 10 % de xuro legal por mora.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución; abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se a persoa recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao mesmo tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Protelba SXXI, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de novembro de 2012

A secretaria xudicial