Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44218

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (217/2010).

Neste Xulgado do Social número 1 de Lugo tramítase execución de títulos xudiciais 217/2010, por instancia de Patricia López Freire e María Luisa Rodríguez Díaz, contra Encuadernaciones Servicios Auxiliares, S.L., en que por resolución desta data se acordou sacar a pública poxa o ben embargado, vehículo matrícula 6351FTG. Sinálase para que teña lugar o vindeiro día 14 de febreiro de 2013, ás 11.00 horas, coas seguintes condicións:

Primeiro. Que os licitadores, agás o executante, para tomaren parte na poxa, deberán presentar xustificante acreditativo de ter depositado na conta de depósitos e consignacións deste tribunal, ou de ter prestado aval bancario polo 20 % do valor da taxación dos bens obxecto de poxa, facendo constar, de ser o caso, se se fai en nome de terceiro.

Segundo. Que se poderán facer ofertas por escrito en sobre pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa realización, facéndose o depósito a que se fixo mención anteriormente.

Terceiro. Que se poderán facer ofertas superiores ao 50 % da valoración, pero ofrecendo pagar a prazos con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, do prezo do remate.

Cuarto. Que non se poderá proceder á inmediata aprobación do remate se a cantidade ofrecida non supera o 50 % do valor da taxación ou se, sendo inferior, non cobre, polo menos a cantidade pola cal se despachou execución, incluíndo a previsión para xuros e custas.

Quinto. Que unicamente o executante ou os responsables legais solidarios ou subsidiarios poderán concorrer reservando para si a facultade de ceder o remate a un terceiro, e poderán tomar parte na poxa, só cando existan licitadores, mellorando as ofertas que se fixeren.

Sexto. En caso de que a poxa quede deserta, só o executante ou, na súa falta, os responsables legais solidarios ou subsidiarios, terán o dereito a se adxudicar o ben polo 30 % da valoración do ben.

Sétimo. Para o suposto de que a notificación do sinalamento ao executado resulte negativa por se encontrar en ignorado paradoiro, sirva este anuncio de notificación do edicto.

Ben que se poxa: vehículo matrícula 6351FTG, marca Peugeot, modelo Expert, número de bastidor VF3XURHKH64063882, valor de taxación 9.000 euros.

Depositaria: Encuadernaciones y Servicios Auxiliares, S.L., con domicilio na Urbanización Vilaculler, bloque 1, portal 4, 4º A, Culleredo. A Coruña.

Lugo, 30 de outubro de 2012

O secretario xudicial