Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44173

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 19 de novembro de 2012 pola que se modifica a Orde do 17 de outubro de 2012 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2012.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na Orde do 17 de outubro de 2012 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2012, e se procede á súa convocatoria, estableceu as normas que regulaban estas axudas incluíndo os prazos de presentación de solicitudes e incorporación dos/as contratados/as aos seus postos de traballo.

Dadas as dificultades de incorporación das persoas seleccionadas aos seus postos de traballo en decembro de 2012, e co fin de que a axuda que se outorgue adquira a súa máxima eficacia, cómpre modificar a dita orde na súa modalidade A trasladando a data de incorporación ao primeiro semestre de 2013 e prolongando tamén o prazo de gozo da axuda ata a nova data resultante que corresponda no ano 2016. Como consecuencia diso, e ante a necesidade dos/das candidatos/as de modificar o seu plan de traballo e de estadías para adaptalo a este marco temporal, é preciso outorgar un novo prazo para a presentación de solicitudes co fin de que se poidan axustar os ditos plans.

Modifícanse tamén os prazos de xustificación dos custos de acordo co novo marco temporal.

En consecuencia,

DISPOÑO:

Artigo 1

Modificación da Orde do 17 de outubro de 2012 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2012.

1. No artigo 3, o primeiro punto queda redactado da seguinte maneira:

«– Na modalidade A: 50 axudas, dun máximo de tres anos, que se desenvolverán nas datas que se indique na resolución de adxudicación, que terán que ser entre o 1 de abril de 2013 e o 30 de abril de 2016, cun importe máximo de 40.000 euros anuais cada unha delas e con contías variables en función do destino dos dous primeiros anos de estadía, tal e como se describen no artigo 3 do anexo I. A porcentaxe de axudas concedidas para cada ámbito de coñecemento (artes e humanidades, ciencias, ciencias sociais e xurídicas, enxeñaría e arquitectura, ciencias da saúde) non será inferior ao 12 % dos contratos financiados».

2. No artigo 9, o penúltimo parágrafo queda redactado da seguinte maneira:

«A data límite para a sinatura dos contratos na modalidade A será o 30 de abril de 2013, agás para os cidadáns non comunitarios, que poderán asinar o contrato ata o 30 de xuño de 2013, e na modalidade B estas datas límite serán o 30 de decembro de 2012 e o 28 de febreiro de 2013, respectivamente, sen que isto supoña en ningún caso a ampliación da data límite de finalización dos contratos».

3. No artigo 10, onde di: «– Copia compulsada dos contratos asinados na modalidade A no prazo dun mes contado desde a súa sinatura, sen que en ningún caso poida ser posterior ao 30 de marzo de 2013, ...», debe dicir: «– Copia compulsada dos contratos asinados na modalidade A no prazo dun mes contado desde a súa sinatura, sen que en ningún caso poida ser posterior ao 30 de xullo de 2013, ...».

O punto que se refire á periodización do envío da documentación xustificativa por parte das universidades da modalidade A queda redactado da seguinte maneira:

«No caso da modalidade A:

a) Na data límite do 30 de xuño de 2013, a documentación correspondente á mensualidade de abril de 2013.

Coa data do pagamento relativo a esta xustificación libraranse os fondos pertencentes aos complementos por persoa contratada, destinados a cada unha das universidades beneficiarias, correspondentes ao primeiro ano de contrato e aos contratos que efectivamente se enviasen con anterioridade a esta data.

b) Na data límite do 20 de decembro de 2013, a documentación correspondente ás mensualidades de maio de 2013 a outubro de 2013, ambos os dous meses incluídos.

Coa data do pagamento relativo a esta xustificación libraranse os fondos pertencentes aos complementos por persoa contratada pendentes de xustificación no anterior pagamento, logo do envío por parte das universidades dos contratos laborais.

c) Na data límite do 30 de xuño de 2014, a documentación correspondente ás mensualidades de novembro de 2013 a abril de 2014, ambos os dous meses incluídos.

Coa data do pagamento relativo a esta xustificación libraranse os fondos pertencentes ao complemento por persoa contratada, destinado a cada unha das universidades beneficiarias, correspondente ao segundo ano de contrato.

d) Na data límite do 20 de decembro de 2014, a documentación correspondente ás mensualidades de maio de 2014 a outubro de 2014, ambos os dous meses incluídos.

e) Na data límite do 30 de xuño de 2015, a documentación correspondente ás mensualidades de novembro de 2014 a abril de 2015, ambos os dous meses incluídos.

Con esta mesma data deberase remitir copia cotexada dos contratos de retorno realizados ao abeiro do disposto nesta mesma orde.

Coa data do pagamento relativo a esta xustificación libraranse os fondos pertencentes ao complemento por persoa contratada, destinado a cada unha das universidades beneficiarias, correspondente ao terceiro ano de contrato.

f) Na data límite do 20 de decembro de 2015, a documentación correspondente ás mensualidades de maio de 2015 a outubro de 2015, ambos os dous meses incluídos.

g) Na data límite do 30 de xuño de 2016, a documentación correspondente ao período de novembro de 2015 ata a finalización do contrato».

Onde di: «Para o primeiro pagamento de ambas as modalidades, na documentación presentada polas universidades correspondentes aos haberes de 2012...», debe dicir: «Para o primeiro pagamento da modalidade B, na documentación achegada polas universidades correspondente aos haberes de 2012...».

4. No artigo 16, o cadro de distribución orzamentaria queda da seguinte maneira:

Programa

Modalidade

Crédito (en euros)

2012

2013

2014

2015

2016

Axudas posdoutorais

Modalidade A

1.197.916,67

2.000.000,00

1.849.583,33

712.500,00

Modalidade B

25.000,00

783.750,00

71.250,00

Total

25.000,00

1.981.666,67

2.071.250,00

1.849.583,33

712.500,00

Artigo 2

Concédese un novo prazo de presentación de solicitudes para a modalidade A, que será dun mes contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no DOG, nos mesmos termos que se recollen no artigo 5 da Orde do 17 de outubro de 2012. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Este novo prazo é de aplicación tamén ao disposto no artigo 2.b) do anexo I da dita orde.

As solicitudes xa presentadas no prazo sinalado na Orde do 17 de outubro de 2012 disporán deste novo prazo para adaptar o plan de traballo, o plan de estadía e as cartas de aceptación do/s centro/s de destino, exixidos nos artigos 4.d) e 4.e) do anexo I da dita orde, ao novo marco temporal de desenvolvemento das axudas.

Disposición adicional única. Anexos

Xúntanse a esta orde os modelos normalizados dos anexos III, V, VI, VII e VIII, que serán válidos exclusivamente para a modalidade A.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file