Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2012 Páx. 44154

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

ANUNCIO de información pública dunha nave para mantemento e almacén de maquinaria de hostalaría.

Ao abeiro da Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2001, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sobre edificacións sen licenza, tramítase a instancia de Caboservi, S.L. o recoñecemento definitivo da construción ou edificación dunha nave industrial coa actividade de mantemento e almacén de maquinaria de hostalaría, sita no lugar de Esmorode, parroquia de Alón, de acordo co anexo presentado, e cumprindo o disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no cal se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte (20) días hábiles, a fin de que durante ese tempo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente na secretaría deste concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Santa Comba, 29 de outubro de 2012

Antonio Manuel Landeira Gallardo
Alcalde