Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2012 Páx. 44153

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial do sector SUD-11, Dorneda-Campo de Golf (expediente FG nº 560).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 25 de setembro de 2012, acordou aprobar definitivamente o plan parcial do sector SUD-11, Dorneda-campo de golf (texto refundido. Doc. nº 13605, do 10.9.2012), e o documento de avaliación ambiental estratéxica, facendo constar que no 29.10.2012, foi remitida a documentación establecida no artigo 92 da Lei 9/2002 á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses. Previa e potestativamente, poderase interpor recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes. Tamén se poderá interpor recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no número 2 do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formularen a solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1) e 105.2) da devandita lei.

Oleiros, 29 de outubro de 2012

Ángel García Seoane
Alcalde presidente