Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2012 Páx. 44155

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO da ampliación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Miño en materia de recadación voluntaria e executiva de sancións de tráfico.

O Pleno desta corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 27 de xullo de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«39. Aceptar a ampliación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Miño en materia de recadación voluntaria e executiva das sancións de tráfico.

Aceptar a ampliación das competencias delegadas en materia tributaria acordada polo Concello de Miño en relación coa seguinte materia:

• Recadación voluntaria e executiva das sancións impostas nos expedientes sancionadores polas denuncias cursadas polo Concello polas infraccións das normas sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación dos servizos tributarios aos concellos da provincia e terá efectos desde o día en que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia conforme co establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 5 de setembro de 2012

María Padín Fernández José Luis Almau Supervía
O presidente/PDFR 5.8.2011/ Secretario da Diputación
A vicepresidenta 2ª Provincial da Coruña