Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2012 Páx. 44058

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 3 de xullo de 2012, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, cofinanciadas polo FSE, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 23.2 da Resolución do 3 de xullo de 2012, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, cofinanciadas polo FSE, procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da citada resolución.

A finalidade destas axudas é fortalecer e consolidar o movemento asociativo de mulleres, por ser un elemento indispensable na promoción da igualdade de oportunidades, a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.

b) Liña 2: promoción de hábitos de vida saudable, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de actividades destinadas a esta finalidade.

c) Liña 3: promoción de accións de prevención da violencia de xénero así como de atención (protección, asistencia e/ou acompañamento) a mulleres que a sofren, destinadas a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas dirixidos a calquera destas finalidades.

Crédito orzamentario: 29.591,84 euros.

Partida orzamentaria: 04.40.313B.480.0.

Procedemento: SI437A.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: ver anexo.

Lugo, 31 de outubro de 2012

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Subvencións concedidas

Liña 1.

CIF

Entidade

Importes

G27212281

Asociación de Mulleres Rurais Amuraxe

1.820,00 €

G27255108

Asociación Sociocultural para a Formación e Emprego (Asfen)

3.000,00 €

G27013697

Asociación de Viúvas Julia Minguillón

1.957,42 €

G27337120

Asociación de Mulleres Rurais Ledicia

2.370,00 €

G27283647

Asociación de Mulleres Lar Sta. Ana

489,64 €

G27130103

Asociación de Viúvas Carmiña Prieto Rouco

2.155,44 €

G32282584

Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural (Afammer)

1.496,92 €

Liña 2.

CIF

Entidade

Importes

G27309517

Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras

3.000,00 €

G27262369

Asociación Antulla

1.500,00 €

G27239516

Asociación de Mulleres Rurais Tres Castros

2.128,28 €

G27357623

Asociación de Mulleres Rurais Amencer

2.575,80 €

G27276583

Asociación de Amas de Casa, Consum. e Usuarios Alborada

1.778,39 €

G27178078

Asociación de Mulleres Rurais Counavia

114,47 €

Liña 3.

CIF

Entidade

Importes

G27405786

Asociación de Mulleres Entretejidas

2.000,00 €

G27431873

Asociación e-Deidades para a Integración Laboral e Social da Muller

3.000,00 €

G27166362

Asociación de Mulleres As Angueiras

205,48 €