Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43835

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO sobre a adxudicación con carácter definitivo dun posto de oficial de primeira-capataz deste concello.

Por resolución da Alcaldía do Concello de Mos, do 24 de setembro de 2012, unha vez concluído o proceso de provisión de posto convocado mediante anuncio no BOP de Pontevedra nº 132, do 10 de xullo, e de acordo coa proposta do tribunal, adxudicouse con carácter definitivo o posto de oficial de primeira-capataz, a José González Táboas, con DNI número 35553773-M.

Contra a resolución de adxudicación, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente publicación. Todo iso sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda procedente e sexa conforme dereito.

Mos, 8 de outubro de 2012

Nidia Arévalo Gómez
Alcaldesa presidenta