Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43836

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO sobre o nomeamento dun funcionario de carreira da Policía Local deste concello.

Superado satisfactoriamente o curso de formación teórico-práctico para policía local na Academia Galega de Seguridade Pública, foi nomeado por Resolución de Alcaldía do 15 de outubro de 2012, César Vázquez Márquez como policía local; funcionario de carreira pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local, denominación garda de Policía local, grupo C; subgrupo C1.

Contra a resolución de nomeamento, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da presente publicación. Todo iso sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda procedente e sexa conforme dereito.

Mos, 17 de outubro de 2012

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa presidenta