Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43837

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO polo que se fai pública a redacción do proxecto de urbanización das obras de remodelación do ramal sur da estrada N-120, rolda termal.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de servizos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Infraestruturas.

c) Número de expediente: ref. 2215.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: redacción do proxecto de urbanización das obras de remodelación do ramal sur da estrada N-120, rolda termal.

c) CPV: 71242000.

d) Medio de publicación del anuncio de licitación: Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: BOP nº 135, do 14 de xuño de 2012, e nº 143, do 23 de xuño de 2012, e DOG nº 111, do 12 de xuño de 2012, e nº 119, de 22 de xuño de 2012.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 88.050,00 euros. IVE: 15.849,00 euros. Importe total: 103.899,00 euros.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 20 de setembro de 2012.

b) Data de formalización: 9 de outubro de 2012.

c) Contratista: Plans estratéxicos territoriais de transporte e ambientais, S.L. (Pettra).

d) Importe de adxudicación: importe neto: 66.081,53 euros. IVE (21 %): 13.877,12 euros. Importe total: 79.958,65 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: é a que mellor oferta presenta, de conformidade cos informes que constan no expediente e coas resolucións da mesa de contratación.

Ourense, 9 de outubro de 2012

Margarita Martín Rodríguez
Alcaldesa en funcións