Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43834

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de información pública dunha actividade de exposición e venda de vehículos automóbiles.

Neste concello tramítase expediente por instancia de F. Javier García Diéguez, en representación de Garlou, S.L., para licenza de actividade de exposición e venda de vehículos automóbiles que se situará no lugar de Cimadevila, 18-baixo, parroquia de Boiro, actividade sometida ao Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, exponse ao público polo termo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Boiro, 30 de outubro de 2012

Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde