Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43829

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2012 pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto trámite de urxencia e ordinario, dos expedientes 2012/CSEA1/000005 e 2012/CSEA1/000006.

• Procedemento aberto e trámite urxente.

Servizos:

Expediente nº: 2012/CSEA1/000005.

Obxecto: realización da auditoría financeira e de legalidade da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e das sociedades mercantís nas cales a USC ten participación única ou maioritaria no seu capital social (Unixest, S.L., Unidixital, S.L., Uninova, S.L., Unirisco e Cursos Internacionais da USC, S.L.).

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 96.000 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 2.880 euros.

Prazo de execución: 2 anos, con posibilidade de prórroga por mutuo acordo entre as partes, cun máximo de 2 anos (prazos parciais: 23.5.2013 para as contas do exercicio 2012 e 23.5.2014 para as contas do exercicio 2013).

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

• Procedemento aberto e trámite ordinario.

Servizos:

Expediente nº: 2012/CSEA1/000006.

Obxecto: contratación de pólizas de seguro para a Universidade de Santiago de Compostela (USC), lote 1: seguro de danos materiais; lote 2: seguro de responsabilidade civil; lote 3: seguro colectivo de vida.

Localidade: Santiago de Compostela e Lugo.

Provincia: A Coruña e Lugo.

Importe de licitación: 822.000 euros, IVE non incluído (lote 1: 369.000; lote 2: 63.000; Lote 3: 390.000).

Garantía provisional: 11.070 euros para o lote 1; 1.890 euros para o lote 2; 11.700 euros para o lote 3.

Prazo de execución: 3 anos, con posibilidade de prórroga por mutuo acordo entre as partes anualmente, cun máximo de 3 anos.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

O anuncio deste expediente foi enviado ao DOUE o 12 de novembro de 2012.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita os expedientes: Servizo de Xestión Económica.

c) Número dos expedientes: os arriba indicados.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: os arriba indicados.

b) Número de unidades que hai que entregar/executar: as especificadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de entrega/execución: os citados anteriormente.

d) Prazo de entrega/execución: os mencionados anteriormente.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: os indicados anteriormente.

5. Garantía.

Provisional: as citadas anteriormente.

6. Obtención de documentación.

A documentación para participar no procedemento aberto poderá ser consultada ou descargada na páxina web www.usc.es/contratacion, correo electrónico:

mailto:contratacion@usc.es

Obtención de información:

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Casa da Balconada, Servizo de Xestión Económica.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

d) Teléfonos: 881 81 12 60, 881 81 12 61, 881 81 12 63, 881 81 12 64.

e) Fax: 881 81 13 66.

f) Enderezo web: www.usc.es/contratacion

g) Data límite de obtención de documentos e información:

– 2012/CSEA1/000005: 14.00 horas do día 29 de novembro de 2012.

– 2012/CSEA1/000006: 14.00 horas do día 28 de decembro de 2012.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

Clasificación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación:

– 2012/CSEA1/000005: 14.00 horas do día 29 de novembro de 2012.

– 2012/CSEA1/000006: 14.00 horas do día 28 de decembro de 2012.

b) Documentación que se ten que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rexistro Xeral (Reitoría).

Domicilio: praza do Obradoiro, s/n.

Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

Ou en:

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rexistro Xeral (Edificio Servizos Administrativos-Biblioteca Intercentros, polígono de Fingoi, s/n).

Domicilio: Campus Universitario.

Código postal e localidade: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

e) Admisión de variantes: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela. Casa da Balconada.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data:

– 2012/CSEA1/000005: sobre B: 5 de decembro de 2012; sobre C: 12 de decembro de 2012.

– 2012/CSEA1/000006: sobre B: 14 de xaneiro de 2013; sobre C: 28 de xaneiro de 2013.

e) Hora: 13.00 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2012.

P.D. (Resolución 1.8.2011; DOG do 18 de agosto)
María Lourdes Batán Aira
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela