Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43753

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4833/2009 MDM).

Socorro Bazarra Varela, secretaria da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, certifico que nas actuacións do recurso de suplicación número 4833/2009 a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 382/2009 do Xulgado do Social número 5 de Vigo, promovidos por Narciso Pino Rodríguez contra Aluydor Group, S.A., Cursogal, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, con data 26 de setembro de 2012 foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Resolvemos que, considerando o recurso de suplicación interposto por Narciso Pino Rodríguez contra a sentenza do trinta de xuño de dous mil nove, ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo nos autos 382/2009, seguidos por instancia do recorrente contra as empresas Cursogal, S.L. e Aluydor Group, S.A., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, revogamos en parte a sentenza e no que se refire ao seu fundamento de dereito terceiro; en consecuencia, mantemos o pronunciamento de condena contra as empresas demandadas, todo con intervención do Fondo de Garantía Salarial, que responderá subsidiariamente, e para o caso de insolvencia das empresas codemandadas, de todas as cantidades fixadas na resolución da instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións nas dependencias do xulgado, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co establecido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, co fin de que sirva de notificación en forma a Cursogal, S.L., con último domicilio coñecido en Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 31 de outubro de 2012

A secretaria xudicial