Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43801

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 22 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica o requirimento de pagamento en relación co procedemento de desafiuzamento administrativo P-002/12.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada o requirimento de pagamento que se detalla no anexo.

Pontevedra, 22 de outubro de 2012

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: P-002/12.

Nome: Jorge Covelo Sartier.

Enderezo: rúa Alemania, nº 59, 1º C, Monteporreiro, Pontevedra.

Asunto: requirimento de pagamento.

Indicación do contido: de conformidade cos artigos 1091, 1124, 1501 e 1504 do Código civil e a cláusula cuarta da escritura de compravenda outorgada por vostede coa Xunta de Galicia, relativa á compra da vivenda identificada co número de expediente PO-82/080, conta 49; requirímolo para o pagamento dos 48 recibos vencidos e non satisfeitos correspondentes á súa vivenda por un importe total de 6.560,89 €, segundo consta na base de datos de facturación do IGVS o 30 de agosto de 2012, correspondentes aos períodos comprendidos entre o 1 de agosto de 2008 e o 1 de agosto de 2012.

De acordo coas obrigas dimanantes do contrato que vostede subscribiu, concédeselle un prazo de 10 días hábiles para que se poña ao día nas súas obrigas, procedendo ao pagamento do referido importe en calquera das oficinas de Novagalicia Banco, ou se presente en trámite de audiencia nesta área provincial e achegue a documentación que xulgue conveniente.

Advertímoslle que en caso de non atender este requirimento procederase á resolución do seu contrato que se acordará en expediente de desafiuzamento administrativo, que se inicia con este requirimento, e que culminará co conseguinte lanzamento para a posterior adxudicación da vivenda a outro beneficiario.