Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 7 de novembro de 2012 polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes 15R002/116/2012 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo xefe do Servizo de Consumo da Coruña.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo da Coruña do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n (Edificio Administrativo Monelos, 2ª andar, ala norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 7 de novembro de 2012

Víctor Tello Calvo
Xefe do Servizo de Consumo da Coruña

ANEXO

Expediente: 15R002/116/2012.

Interesada: Tintorería Sánchez Sanjurjo, S.C.

NIF: J70283809.

Acto notificado: inicio de expediente.

Expediente: 15R002/120/2012.

Interesada: Katedra Profesional, S.L.

CIF: B-70193206.

Acto notificado: inicio de expediente.

Expediente: 15R002/122/2012.

Interesada: V. Sanmartín, S.L.

CIF: B-15320203.

Acto notificado: inicio de expediente.

Expediente: 15R002/123/2012.

Interesada: V. Sanmartín, S.L.

CIF: B-15320203.

Acto notificado: inicio de expediente.