Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43803

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 22 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica o requirimento de pagamento en relación co procedemento de desafiuzamento administrativo P-007/09.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas o requirimento de pagamento que se detalla no anexo.

Pontevedra, 22 de outubro de 2012

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: P-007/09.

Nome:

María Luisa Lorenzo Otero (comunidade hereditaria de María Rosa Lorenzo Lorenzo).

Siomara Otero Lorenzo (comunidade hereditaria de María Rosa Lorenzo Lorenzo).

Enderezo: rúa Vista Alegre, nº 18, 3º B, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.

Asunto: requirimento de pagamento. Elevación a público do contrato de compravenda.

Indicación do contido: en relación coa vivenda situada na rúa General Yagüe, nº 3, 1º B, do concello de Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, da que son adxudicatarios Jorge Otero Lorenzo e María Rosa Lorenzo Lorenzo, en réxime de compra, informámoslle o seguinte:

– A vivenda ten unha débeda pendente co Instituto Galego da Vivenda e Solo de 4.030,16 euros.

– A data de fin de facturación desta vivenda foi o 1 de novembro de 2011.

Concedémoslle un prazo de 15 días para que salde a débeda que ten co Instituto e para que solicite a elevación a público, e polo tanto escriturar ante notario o seu contrato privado de compravenda.

Se transcorrido o prazo sinalado de 15 días, non salda a débeda que ten pendente con este organismo e non solicita a elevación a público do seu contrato de compravenda, procederase á resolución do seu contrato, co posterior lanzamento xudicial da vivenda e a posterior adxudicación desta a outro beneficiario.