Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43773

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 6 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2012282AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 17 de outubro de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador nº 2012282AL-CO incoado a Tortelli, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Tortelli, S.L. o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 6 de novembro de 2012

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2012282AL-CO.

Interesada: Tortelli, S.L.

DNI/NIF/CIF: B12840229.

Último enderezo coñecido: Centro Comercial Marineda City. Local 215, 15008 A Coruña.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición, art. 50.1.d) e e); art. 51.1 parágrafos 1º e 4º. R.D. 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas, art. 3, 6 e 10. Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre hixiene dos produtos alimenticios, art. 5 e anexo II, cap. I. apt. 1, 2, 4 e 8; cap. II apt. 1 e cap. IX apt. 2 e 3.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 1.200 € (mil douscentos euros).