Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43775

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se publica a inscrición do auto do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Lugo que declara a apertura da fase de liquidación da entidade Sociedade Cooperativa Galega Oreta Xida.

En cumprimento do disposto no artigo 87 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 62 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que se inscribiu no Rexistro Central de Cooperativas o auto do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Lugo que declara a apertura da fase de liquidación da entidade Sociedade Cooperativa Galega Oreta Xida.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais