Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43767

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 26 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012132TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 21 de setembro de 2012, o director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador nº 2012132TA-CO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Ana Isabel Piñeiro Sánchez, titular do establecemento Café Bar A Fiestra.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Ana Isabel Piñeiro Sánchez, titular do establecemento Café Bar A Fiestra, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia conta contable 840, código 001 ou en Caixanova recadación Xunta: modelo XTAX, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2012

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2012132TA-CO.

Denunciada: Ana Isabel Piñeiro Sánchez, titular do establecemento Café Bar A Fiestra.

DNI/CIF: 33282462J.

Último enderezo coñecido: rúa Concepción Arenal, 2-3º A, Ribeira.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 42 da Lei 8/2008; artigos 4.c), 4.d), 19.2.c), 19.3.n) e 20.1 da Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 650 euros.