Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43769

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 2 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2012294AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 17 de outubro de 2012, a xefa Territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador nº 2012294AL-CO incoado a Industria Tostadero Aruba, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Industria Tostadero Aruba, S.L. o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 2 de novembro de 2012

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO:

Nº de expediente: 2012294AL-CO.

Interesada: Industria Tostadero Aruba, S.L.

DNI/NIF/CIF: B70182936.

Último enderezo coñecido: Rúa Bell, 50, polígono Espíritu Santo, 15660 Cambre.

Feitos imputados: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición, artigo 50.1.d) e artigo 51.1 parágrafos 1º e 4º. Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre hixiene dos produtos alimenticios, artigo 5, anexo II, cap. I puntos 1 e 10; cap. V, punto 1.a); cap. VI, punto 1; cap. IX, puntos 2 e 3 e cap. X, puntos 2 e 3. Real decreto 1231/1988, do 14 de outubro. Café. Regulamentación técnico-sanitaria para a elaboración, almacenamento, transporte e comercialización, artigo 5.9, artigo 6.4 e artigo 18.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 600 € (seiscentos euros).