Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2012 Páx. 43661

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilamarín

ANUNCIO polo que se somete a información pública o Plan de sectorización Dos Covos.

Aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno local do 22 de outubro de 2012 o Plan de sectorización Dos Covos, que contén o ISA (informe de sustentabilidade ambiental), refundido xullo 2012, promotor Orentino González Pérez, redactado polos arquitectos Luís Asorey Viña e Celso Rodríguez Estévez, de conformidade co disposto no artigo 86.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses mediante anuncio que se publicará no DOG e nos xornais La Región e La Voz de Galicia, computándose o dito período desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, co fin de que se poida examinar o seu contido e presentar as alegacións ou observacións que se estimen convenientes.

Queda suspendido o outorgamento das licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto do planeamento cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente. A suspensión terá unha duración máxima de dous anos e, en todo caso, extinguirase coa aprobación definitiva do citado plan.

Vilamarín, 24 de outubro de 2012

Amador Vázquez Vázquez
Alcalde