Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2012 Páx. 43662

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de información pública sobre a delegación do Concello de Portas na Deputación de Pontevedra para a xestión de diversos servizos.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de setembro de 2012, acordou, por unanimidade, aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o Concello de Portas, por acordo do Pleno do 29 de xuño de 2012, e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa por sumidoiros, así como a recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobramento na Tesouraría municipal da dita taxa.

A citada delegación será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 9 de outubro de 2012

Rafael Louzán Abal Carlos Cuadrado Romay
Presidente da Deputación Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra Provincial de Pontevedra