Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2012 Páx. 43660

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabanas

ANUNCIO de información pública dunha nave para reciclaxe de radiografías.

Cecile L´Her solicitou desta Alcaldía licenza municipal para apertura e funcionamento dunha nave para reciclaxe de radiografías, situada na parcela V2A nave Niño III do polígono de Vilar do Colo-Laraxe-Cabanas. Cumprindo o disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, a fin de que durante o mesmo –prazo que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente na Secretaría deste Concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

Cabanas, 26 de outubro de 2012

Germán Castrillón Permuy
Alcalde