Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2012 Páx. 43624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Comercio, pola que se dá publicidade á declaración de impacto ambiental do 19 de setembro de 2012, formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, do proxecto de instalación dun establecemento comercial colectivo, denominado Centro Comercial e de Lecer Bandeira, no concello de Vigo (Pontevedra), promovido por Inversiones Abuín 2, S.L.

Visto o artigo 5.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación do impacto ambiental para Galicia, a Dirección Xeral de Comercio

RESOLVE:

Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental do 19 de setembro de 2012, formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, do proxecto de instalación dun establecemento comercial colectivo, denominado Centro Comercial e de Lecer Bandeira, no concello de Vigo (Pontevedra), promovido por Inversiones Abuín 2, S.L., e que se poderá consultar no seguinte enlace:
http\\medioambiente.xunta.es\buscaexpedientes.do e nas dependencias da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, terceiro andar, de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2012

P.V. (Decreto 324/2009, DOG núm. 117)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria