Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2012 Páx. 43623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica nos concellos de San Sadurniño e Neda (expediente IN407A 2012/144).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra de Narahío, S.A.

Domicilio social: Vista Alegre, Doso, 15597 Narón (A Coruña).

Denominación: LMTS Bouzarredonda-Fontela.

Situación: concellos de San Sadurniño e Neda.

Características técnicas: liña de media tensión (LMTS) soterrada a 15/20 kV, cunha lonxitude total de 2,339 km, con condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 1×150 mm2 Al, con orixe nunha cela de liña existente no centro de protección e medida de Bouzarredonda (expediente IN407A 1994/143), e final no paso aereo-soterrado que se instalará no apoio anterior ao CT Fontela (expediente 52839), e desde este apoio, mediante un novo paso aéreo-soterrado e utilizando outro dos tubos da canalización, remata no CT Fontela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 9 de outubro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña