Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2012 Páx. 43621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 19 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada presentada por Aluminios Cortizo, S.A. para unha planta no concello de Padrón, A Coruña (expediente de renovación 2012-IPPC-M-121).

Con data do 8 de abril de 2008 concedeuse a Aluminios Cortizo, S.A. a autorización ambiental integrada nº 2004/0264_AIA/IPPC_089 para a planta de brillo químico e coloración orgánica do aluminio, localizados no concello de Padrón (A Coruña). Nesta autorización establécese unha vixencia de cinco anos, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación á titular.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que, transcorrido o prazo de vixencia da autorización, esta debe ser renovada e, e se for caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polos documentos titulados:

– Renovación de autorización ambiental integrada da planta de brillo químico de Aluminios Cortizo, S.A. na Matanza (Padrón) – Revisión nº 1. Outubro 2012.

– Resumo non técnico de renovación de AAI da planta de brillo químico de Aluminios Cortizo, S.A. na Matanza (Padrón).

Co fin de que calquera interesado poida consultalos e, se for o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. O antedito documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

• Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental – Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

• Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).

• Concello de Padrón (Rúa Longa, 27, 15900 Padrón (A Coruña)).

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental