Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43480

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO sobre as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura en propiedade de sete prazas de técnico en Xardín de Infancia (unha delas reservada a discapacitados/as) deste concello.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 157, do 9 de xullo de 2008, publicáronse as bases xerais para acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre.

Estas bases xerais foron modificadas por acordo da Xunta de Goberno Local e publicada esta modificación no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 51, do 4 de marzo de 2009.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 244, do 23 de outubro de 2012, publicouse a resolución das bases específicas e convocatoria que rexerán, xunto coas anteriores bases xerais, o seguinte proceso selectivo:

Persoal funcionario (quenda libre):

– Resolución 12008591. 7 prazas de técnico/a en Xardín de Infancia (unha delas reservada a discapacitados/as) encadradas na escala de Administración especial; subescala: técnica; clase: auxiliar; grupo de titulación C, subgrupo C1. Sistema selectivo: oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 24 de outubro de 2012

José Clemente López Orozco
Alcalde