Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43481

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de información pública sobre a construción de nave de porcino de repouso e depósito de xurro en San Xulián da Veiga-O Castro.

Grandiz, S.C. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a construción de nave de porcino de repouso e depósito de xurro, en San Xulián da Veiga-O Castro, polígono 2, parcela 191, deste concello. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, co obxecto de que durante este poida examinarse o expediente, na Secretaría deste concello, e poidan formularse as alegacións que se consideren oportunas.

Sarria, 24 de outubro de 2012

José Antonio García López
Alcalde