Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43479

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de información pública sobre nave industrial destinada a centro loxístico de empresa de transportes.

Construcciones Razo da Costa, S.L. solicitou licenza para nave industrial destinada a centro logístico empresa de transportes no polígono industrial da Laracha, parcelas B3.5 e B.36, actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental, e neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, que regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– os que se vexan afectados dalgún modo pola dita actividade poidan presentar as alegacións que consideren pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais, das 9.00 ás 14.00 horas.

A Laracha, 18 de outubro de 2012

José Manuel López Varela
Alcalde