De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), efectúaselle á persoa que se cita a continuación a notificación de apertura do expediente sancionador instruído por infraccións da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG nº 210, do 31 novembro).
Nº de expediente: 139/12.
Denunciado: Manuel Iglesias Piñón.
Enderezo: Lavandeira, Sobral, Xeve (Pontevedra).
O dito interesado dispón dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte día ao da publicación deste edicto, para poder examinar o expediente no Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda, 43-1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra) e presentar ante o citado servizo as alegacións que considere pertinentes.
Pontevedra, 24 de outubro de 2012
Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra