Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43472

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2012, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, trámite de urxencia, e pagamento dos depósitos previos, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polo modificado número 1 do proxecto de trazado e construción de mellora da estrada AC-303, Oleiros (AC-550)-Corrubedo, no concello de Ribeira, de clave AC/09/257.01.M1.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2 a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras citadas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se realizarán con cargo ao programa 512-B, construción, conservación e explotacións de estradas.

Con data do 22 de outubro de 2012, procédese á aprobación do modificado número 1 do proxecto de trazado e construción de mellora da estrada AC-303, Oleiros (AC-550)- Corrubedo, no concello de Ribeira, de clave AC/09/257.01.M1, pola directora da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Con data do 20 de abril de 2011, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para os efectos de expropiación para as mencionadas obras por Decreto 80/2011, publicado no DOG nº 93 do 13 de maio de 2011.

Na súa virtude e, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolve convocar os titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, na data e na hora que se citan para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: Casa do Concello de Ribeira (Praza do Concello s/n):

Día: 10 de decembro de 2012.

Horario: das 10.30 ás 12.30 horas.

De Lema Martínez, Mª Dolores a Seminario Maior de Santiago e outros.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes, estarán expostos no Concello de Ribeira e no Servizo Provincial da Coruña (rúa Vicente Ferrer nº 2-8º, 15071 A Coruña).

A o dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo acompañarse, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo Provincial da Coruña, as alegacións que estimen pertinentes ao obxecto de emendar posibles erros padecidos ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

En cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, este servizo resolveu tamén proceder a efectuar o pagamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación, correspondentes a expedientes de expropiación forzosa instruídos para o Concello de Ribeira, con motivo das obras de referencia, o cal terá lugar:

Lugar: Casa do Concello de Ribeira (Praza do Concello s/n):

Día: 20 de decembro de 2012.

Horario: das 10.00 ás 11.00 horas.

De Lema Martínez, Mª Dolores a Seminario Maior de Santiago e outros.

O pagamento efectuarase na casa do concello arriba indicado polo pagador e en presencia do representante da Administración e do alcalde e secretario do citado concello.

O que se fai público para xeral coñecemento, advertindo os interesados que o pagamento se fará precisamente aos que figuran como donos dos bens e dereitos expropiados, non admitíndose representación senón por medio de poder debidamente autorizado, xa sexa xeral, xa sexa particular para este caso, debendo achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o predio a nome de herdeiros; e que deberán identificarse co documento nacional de identidade ou, no seu defecto, polo coñecemento directo que testifiquen o alcalde ou o secretario do concello.

A Coruña, 12 de novembro de 2012

Antonio López Blanco
Xefe do Servizo Provincial da Coruña