Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43449

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2012/267-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT cambio sección SDM702-tramo 3 e CS Argón-Conservas Rivas.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ1 de 1.359 metros de lonxitude, con orixe no CT Codovedo e final no CT Barreiro-Vigo unha vez que entre e saia do CS proxectado Argón-Conservas Rivas. Centro de seccionamento, con celas compactas prefabricadas baixo envolvente metálica con corte en SF6, situado nun terreo particular, con acceso directo desde a rúa Severino Cobas, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 25 de outubro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra