Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43447

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Foz (expediente IN407A 2012/76-2, 8044 AT).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se cita:

Solicitante: Vilares Lugo, S.L.

Domicilio social: r/ San Roque, 59, entresollado B. 27002 Lugo.

Denominación: LMTS, CT Fonte da Cruz e RBTS para edificio sito na r/ Fonte da Cruz, nº 4-6.

Situación: concello de Foz.

Características técnicas:

• LMTS a 20 kV en canalización existente e proxectada, consistente en anelar entre o CT Ribadeo e o CT Volconsa o CT Fonte da Cruz (proxectado), cunha lonxitude de 140 metros de condutor proxectado tipo RHZ-240.

• CT Fonte da Cruz en edificio non prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección cunha potencia proxectada 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

• RBTS con orixe no CT Fonte da Cruz (proxectado) e final nas BTV do edificio, cunha lonxitude de 75 metros en condutor tipo RV-240 mm.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 23 de outubro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo