Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: LMTS, CT Cambeses.
Situación: Vigo.
Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ de 200 metros de lonxitude, con orixe na LMTS TRO722, cara ao CT Ramón Nieto nº 229, e final no CT Ramón Nieto nº 246 unha vez entre e saia do CT proxectado Cambeses. Centro de transformación de 400 kVA, RT 15 kV/400-230 V, situado na baixada D. Martín, Vigo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 25 de outubro de 2012
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra