Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43441

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 7/2007).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificación I recuamento LMT en Tarrío-finca Torrente.

Situación: concello de Culleredo.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea SBN-715B entre apoios 65/1 e 66/1, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,116 km, con orixe en paso aerosubterráneo que se realizará en apoio nº 65/1 proxectado tipo C-12/3000 para intercalar na LMT SBN-715 B, tramo entre a derivada ao CT Tarrío II (expediente 498/08) e a derivada ao CT Escolas Culleredo (expediente 27.398) con condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3 (1×240) mm² Al, e final no paso aerosubterráneo que se realizará no apoio nº 66/1 proxectado tipo C-12/3000 para intercalar na LMT SBN-715B, tramo entre a derivada ao CT Escolas Culleredo (expediente 27.398) e derivada ao CT Liñares (expediente 30.816).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 18 de outubro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña