Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43440

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica LMT, CT e RBT Roimelo, no concello de Allariz (expediente IN407A 2012/46-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT e RBT Roimelo.

Situación: Allariz.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 20 m de lonxitude con condutor RHZ1 con orixe na LMT existente entre a subestación de Allariz ALL806 e o CT r/ La Paz nº 1 (32CGQ0) e remate no CT proxectado prefabricado de Roimelo de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

RBT subterránea a 20 kV de 30 m de lonxitude con condutor XZ1, con entrada e saída no CT proxectado de Roimelo.

Orzamento: 35.819,54 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 17 de outubro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense