Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 14 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a aprobación do proxecto de execución, do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e do estudo de impacto ambiental do Parque Eólico G9_G10-Espuriñas nos concellos de Coristanco e Cabana de Bergantiños, na provincia da Coruña (expediente IN661A 2011/14-1).

Advertidos erros na Resolución do 14 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a aprobación do proxecto de execución, do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e do estudo de impacto ambiental do Parque Eólico G9_G10-Espuriñas nos concellos de Coristanco e Cabana de Bergantiños, na provincia da Coruña (expediente IN661A 2011/14-1) , publicada no Diario Oficial de Galicia nº 182, do 24 de setembro de 2012, é necesario realizar as seguintes correccións:

Nas páxinas 37066 á 37107 do anexo, onde di: «Pol.», debe dicir: «Parc.», e onde di: «Parc.», debe dicir: «Pol.».

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación do anexo da resolución, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidas, para que poidan examinar o expediente nos lugares citados na dita resolución e nesta Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, sita no edificio administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer nº 2, 15071 A Coruña, e presentar as súas alegacións no prazo de trinta días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da última publicación ou da notificación individual.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do previsto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación coas persoas interesadas que sexan descoñecidas, ou cando se ignore o lugar ou o medio da notificación ou ben, se intentada a notificación, non se puidese realizar, as dilixencias relativas ao expediente entenderanse co Ministerio Fiscal nos supostos previstos no artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.