Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 29 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución do expediente CAZ-OU-0005-2012-V.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento CAZ-OU-0005/2012-V.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que xulgue pertinente.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2012

Ricardo García-Borregón Millán
Director xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Expediente: CAZ-OU-0005/2012-V.

Interesado: Jesús Sanjurjo Vieites.

Acto de notificación: resolución do procedemento

Último domicilio coñecido: estrada Xeral, 23 Cerdedo, Pontevedra.