Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2012 Páx. 43301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2012 pola que se anuncia a licitación, suxeita á regulación harmonizada, polo sistema de procedemento aberto e adxudicación baseada nunha pluralidade de criterios, para a contratación do servizo de xestión, soporte, mantemento e desenvolvemento das plataformas informáticas e demais sistemas informáticos da Axencia Galega de Emerxencias e do Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Axencia Galega de Emerxencias.

2) Enderezo: rúa Roma nº 25-27, 1º.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4) Teléfono: 881 99 72 57.

5) Fax: 981 54 60 28.

6) Correo electrónico: mh.barrio.blanco@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18142

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e da páxina web: http://www.axega112.org

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata o 3 de decembro de 2012, ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AXGE.12.SE.016.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición: contratación do servizo de xestión, soporte, desenvolvemento e mantemento das plataformas tecnolóxicas e demais sistemas informáticos da Axencia Galega de Emerxencias e do Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: 1 ano desde a formalización do contrato.

e) Nomenclatura: CPA: 62.0. CPV: 72600000-6.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios, a cuantificación dos cales depende de xuízos de valor. A pluralidade dos criterios de valoración enumérase e detállase coas súas puntuacións e a ponderación no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 744.395,05 €, IVE excluído, inclúe o orzamento de licitación e as eventuais prórrogas.

5. Orzamento base de licitación: 450.359 €, IVE incluído.

6. Garantías exixidas: provisional: 3 % do orzamento de licitación (IVE excluído): 11.165,92 €; definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: si: grupo V, subgrupo 2 e 5, categoría C.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 17º da folla de especificacións ou portada do prego de cláusulas administrativas.

c) Solvencia técnica: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 18º da folla de especificacións ou portada do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación das ofertas: ata as 14.00 horas do día 3 de decembro de 2012.

b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas, debe figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas, achegarase grampado no exterior do sobre A o certificado do dito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro Xeral da Axencia Galega de Emerxencias.

2. Enderezo: r/ Roma, 25-27, 1ª planta, polígono das Fontiñas.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o indicado no número 6 e) deste anuncio.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A, relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar; do sobre B, cos elementos da oferta non valorables de forma automática, e do sobre C, cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto nos pregos administrativos e na normativa de contratos do sector público.

b) Entidade e lugar: Axencia Galega de Emerxencias, sala de xuntas.

c) Domicilio: r/ Roma, 25-27, 3ª planta, polígono das Fontiñas.

d) Localidade: Santiago de Compostela.

e) Data: a apertura do sobre B terá lugar en acto público o 11.12.2012, ás 12.00 horas. A apertura do sobre C terá lugar en acto público o 19.12.2012, ás 12.00 horas. Calquera cambio nas datas e horas comunicarase coa antelación debida mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 22.10.2012.

12. Outras informacións.

a) Admítense melloras conforme o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso, o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.

d) Forma xurídica de agrupación de empresas, se é o caso: unión de empresarios.

e) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C.

No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen, notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

g) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

h) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2012

P.D. (Resolución 30.7.2012)
Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias