Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2012 Páx. 43300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Gallega de Criadores de Visón.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou o certificado da Asemblea Xeral da Asociación Gallega de Criadores de Visón, onde se reflicte o acordo acadado o 7 de xuño de 2012 e que consiste na modificación dos números 1 e 2 do artigo 22 dos estatutos da dita asociación.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais