Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2012 Páx. 43298

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración de dotación de mobiliario para o centro de interpretación do parque arqueolóxico da cultura castrexa Lansbrica de San Cibrao de Las, en San Amaro e Punxín, pertencente á Rede galega do patrimonio arqueolóxico de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 106, do 5 de xuño de 2012.

1.2. Obxecto do contrato:

Tipo: subministracións.

Descrición: dotación de mobiliario para o centro de interpretación do parque arqueolóxico da cultura castrexa Lansbrica de San Cibrao de Las, en San Amaro e Punxín (Ourense), pertencente á Rede galega do patrimonio arqueolóxico de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1.3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación: 67.259,32 €, IVE excluído. O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 5, tema prioritario 58.

1.5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 4 de outubro de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 22 de outubro de 2012.

c) Contratista: Sutega Mobiliario, S.L.

d) Importe de adxudicación: 65.073,80 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2012

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria