Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2012 Páx. 43296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos para a vixilancia e seguridade en varios centros dependentes da Xefatura Territorial de Pontevedra.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público e no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 78, do 24 de abril de 2012.

1.2. Obxecto do contrato:

Tipo: servizo.

Descrición: vixilancia e seguridade en varios centros dependentes da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

1.3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación: 246.101,69 euros, IVE excluído.

1.5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 2 de outubro de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 24 de outubro de 2012.

c) Contratista: Servicios de Seguridade Integral e Mantementos A-1, S.L.

d) Importe de adxudicación: 209.768,64 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2012

P.D. (Orde 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria