Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2012 Páx. 43321

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública (expediente AM/20/12).

Jacinto Álvarez García solicitou da Alcaldía licenza municipal de acondicionamento e actividade para a apertura dun establecemento dedicado a almacenamento de subprodutos de animais (categoría 1 e 3) e salgadura de peles, que se situará no polígono industrial As Gándaras desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra– poidan examinar o expediente AM/20/12, na Sección de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

O Porriño, 5 de outubro de 2012

José Nelson Santos Argibay
Alcalde